luns, 15 de xaneiro de 2018

Xogamos a saltar

Saltar á comba é un xogo popular que ten innumerables beneficios físicos, desenvolvendo tanto a condición física como a coordinación. Este exercicio simple, divertido e que necesita pouco material fai desta actividade idónea para desenvolver nas clases de educación física e no tempos de lecer.
Entre os beneficios que podemos atopar están unha mellora a nivel cardiorrespiratorio, fortalecemento de músculos e os osos.
Durante estas semanas os nenos/as coñecerán este xogo, aprenderán a saltar de distintos modos e haberá retos cos que motivarnos a tentar estes saltos.
A modo de introdución comentar que de xeito individual a corda debemos collela polos dous extremos, un en cada man, deixándoa cunha lonxitude que nos permita saltala e que colocándoa por debaixo dos pés os extremos queden por debaixo das axilas, se esta lonxitude é maior ou menor poderá provocar lesións ou maior dificultades nos saltos.
A continuación presentamos distintos vídeos onde se explican ou se ven distintas formas de salto, tanto individual como colectivo.









Estades preparados para estes retos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...