mércores, 10 de xaneiro de 2018

Comunícome co corpo!

Mimo I // Mime II By Eva Peris
Licenza CC BY-SA
Durante estas semanas os nenos/as de terceiro traballarán co seu corpo para expresarse e comunicarse cos demais. Ao final deste período representarán unha escena creada en grupo sobre unha aventura de Andrés e Carmen (cuxa descrición tedes ao final desta entrada).

Con este contido pretendemos resaltar a importancia da utilización do noso corpo para transmitir emocións e tamén para recoñecelas nos demais. Desde a expresión corporal aprenderemos a coñecernos mellor e a recoñecer os estados de ánimo dos nosos compañeiros/as.
Nestes recursos hai algunhas actividades para practicar en liña a comunicación das emocións.

Tamén aproveitamos para deixarvos este vídeo no que se ensina a realizar movementos para simular que somos un robot.


Estes son Carmen e Andrés, personaxes principais das escenas que se representarán en clase.

Presentámosvos a estes dous amigos inseparables que comparten moitas aventuras:
Andrés ten 9 anos e ten o pelo de cor loiro, cuns grandes ollos azuis como o mar que ten ao carón da súa casa. Encántalle baixar a xogar ao parque cos seus amigos e amigas. Aínda que lle gusta facer trasnadas é moi xeneroso.
Carmen ten oito anos, os ollos da cor do mel e a súa cara ten moitas pencas. Gústalle moito lerlles historias de medo aos seus amigos e amigas, posúe moita imaxinación e tamén goza xogando no parque.

Podedes facer debuxos destes dous personaxes e agregalos nos comentarios, ou entregalos en clase e despois os colocamos nunha entrada.
;-)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...