martes, 21 de novembro de 2017

Xogamos coas mans e os pés

Vía Pixabay
Licenza CC0 DP
Os nenos/as de 3ºA están practicando varias coreografías nas que teñen que coordinarse cos seus compañeiros/as e facelo ao ritmo dunha música.

A primeira delas é unha coreografía na que xogan coas mans titulada "Con la A". Deixámosvos un vídeo para que poidades practicar cos vosos amigos/as e familiares.


O outro baile que estamos practicando é do grupo Pesdelán coa canción "O xogo da carrasquiña" do seu libro "Na punta do pé", e do que tamén vos deixamos un vídeo para que poidades practicalo.


Gústavos bailar?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...