martes, 26 de setembro de 2017

Como un reloxo!

O corazón é o motor que permite desenvolver as funcións vitais e tamén actividades físicas como correr, saltar, nadar... O ritmo cardíaco en repouso de persoas adultas sas soe estar entre 60 e 80 pulsacións por minuto (ppm), pero en nenos/as da vosa idade o normal pode ser entre 90 e 100 ppm.

luns, 25 de setembro de 2017

Doces caseiros

Na clase falando sobre hábitos saudables de alimentación e comentando o cartel que nos deixou Aitor Sánchez vimos algunha diferencia entre as galletas e biscoitos caseiros cos feitos de xeito industrial. Algúns de vós comentastes que faciades estes doces cos vosos familiares na casa, por iso queremos ofrecervos a posibilidade de compartir estas receitas saudables cos demais nenos/as do centro.

domingo, 17 de setembro de 2017

Que comemos?

By @midietacojea
Licenza CC BY-NC-ND

Estas semanas aprenderemos hábitos saudables relacionados coa educación física. Queremos presentarvos distintos recursos cos que podedes ampliar e profundar na temática. Esta primeira infografía realizada por Aitor Sánchez no seu blogue Mi dieta cojea ofrécenos unha serie de recomendacións para elaborar as merendas matinais que levan os nenos/as ao colexio.

sábado, 16 de setembro de 2017

Coñecemos o judo

Licenza CC0 DP vía Pixabay
A próxima semana visitaranos Rafael para ensinarlle aos máis pequenos de Educación Primaria a través de xogos en que consiste o deporte do judo.
O luns, martes e mércores os nenos/as de 1º, 2º e 3º participarán desta xornada de iniciación durante as sesións de educación física na sala de usos múltiples.
Esperamos que os nenos/as aprendan os valores deste deporte.

luns, 11 de setembro de 2017

Normas de clase

A través desta imaxe teredes acceso ás normas básicas nas clases de Educación Física durante este curso.

sábado, 9 de setembro de 2017

Xogos e soños será...

Benvidos a este novo espazo adicado a falar sobre temas relacionados coa Educación Física e coas actividades que se desenvolven no CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Utilizaremos este blogue para reforzar e achegar recursos tanto ao alumnado como as familias relacionados cos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. Tamén queremos que sexa un espazo aberto para a comunicación e o diálogo coa comunidade educativa. Ao longo destes meses iremos dándolle forma e adaptando tanto a imaxe como os distintos apartados ás vosas e ás nosas necesidades. "Xogos e soños" medrará en función das vosas inquedanzas e participación, por iso será o que vós queirades.

Estades preparados para os xogos e os soños?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...